Oroso, 25 de abril do 2022 – O concello de Oroso recupera a normalidade na Festa da troita qie chega a súa vixésimo cuarta edición os días 6, 7 e 8 de maio.
Milleiros de persoas asitían cada ano a Oroso ata que chegou a pandemia. O concello recupera este ano a Festa da Troita con tres días nos que as actividades para todos os públicos e as actuacións das orquestras darán paso á xornada do domingo e aá degustación do coñecido manxar.
O salón de plenos do Concello de Oroso acolleu o acto de presentación do cartel e a programación da festa, coa presenza do alcalde, Luis Rey Villaverde; a tenente de alcalde, Beatriz Rodeiro; a concelleira de Ensino e Muller, Isabel Fernández, e o concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Antonio Leira.
O alcalde, Luís rey, indica que “É unha satisfacción para nós celebrar de novo a Festa da Troita, coa que recuperamos a normalidade e demostraremos unha vez máis que somos un concello acolledor cos que nos visitan; temos un evento cada vez máis coñecido en Galicia, noutras comunidades autónomas e Portugal”..
No amplo programa deste ano, hai espazo para as orquestras, campionatos de pesca, obradoiros, feira de artesanía e pasarrúas. A festa comezará o venres 6 pola noite co festival Oroso en Vivo, no que actuarán as orquestras Panorama e Marbella.
Como non podía ser doutra maneira, haberá tamén a tradicional degustación de troita na Alameda de Góis e nos establecementos de hostalaría colaboradores. Nos próximos días anunciarase o nome da persoa encargada do pregón.
“A nosa gran cita para a gastronomía e a diversión é Festa de Interese Turístico, pero os que nos visiten atoparán moitas cousas máis: Oroso é natureza, gastronomía e hospitalidade; sempre é un bo momento para saborear a troita e pasear polos sendeiros naturais do municipio”, engade o alcalde.
“Para todos os veciños e veciñas de Oroso, é un orgullo e un motivo de ledicia acoller a XXIV Festa da Troita; como cada mes de maio, demostraremos que somos un concello con moito que ofrecer desde un punto de visto gastronómico, paixasístico e lúdico”, rematou.