Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Trazo
  • Xeral

Nova maquinaria para Trazo e Oroso

oroso-trazo-novos-euipamentos-slide-30-outubro-2024-(3)_r

Bisbarra, 5 de novembro do 2024 – Os concellos de Trazo e Oroso veñen de recibir nova maquinaria especializada en protección medioambiental e mantemento do espazo natural, obtida a través do Fondo de Compensación Ambiental.

A maquinaria da que xa dispoñen Trazo e Oroso inclúe unha desbrozadora e unha trituradora, cun investimento total de máis de 55.000 euros. Desta cantidade, o Fondo de Compensación asume o 80% a través desta axuda de concorrencia agrupada.

Con esta nova dotación, Oroso e Trazo reforza a súa capacidade para realizar labores de conservación do territorio, fomentando un entorno máis limpo e seguro para a cidadanía e contribuíndo ao equilibrio ambiental da comarca.

A maquinaria permitirá optimizar os recursos destinados a estas tarefas e mellorar a eficiencia nas actuacións de protección ambiental, en consonancia cos obxectivos de sostenibilidade e conservación.

Oroso e Trazo agradecen o apoio da Xunta de Galicia e a colaboración intermunicipal que fixo posible esta adquisición, e continuará traballando en iniciativas que favorezan a sostenibilidade e a protección do medio ambiente, en beneficio de todos os veciños.

Novo aparcamento en Oroso

As obras para a creación do novo aparcadoiro disuasorio na Alameda de Góis avanzan a bo ritmo. Tras a sinatura do convenio en setembro, entre o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde Álex Doval, estanse a realizar traballos que permitirán habilitar un espazo de máis de 3.000 metros cadrados con máis de 80 prazas de estacionamento.

Esta infraestrutura, financiada pola Xunta cun investimento de preto de 54.000 euros, busca ofrecerlle á veciñanza de Oroso unha solución cómoda e sostible para aparcar e compartir vehículo. Entre as prazas dispoñibles, dúas estarán reservadas para persoas con mobilidade reducida e 14 estarán habilitadas para motos.

O proxecto, que incluirá a mellora do firme e a urbanización da área, tamén contempla a instalación de bordos, marcas viarias e sinalización vertical, o que facilitará un uso ordenado e seguro do espazo. A previsión é que o novo aparcadoiro estea dispoñible antes de finalizar o ano, contribuíndo á redución do tráfico nas contornas urbanas e ao fomento da mobilidade sostible.

O alcalde Álex Doval agradeceu á Xunta a súa colaboración e destacou a importancia de promover alternativas de transporte máis respectuosas co medio ambiente e máis eficientes para o día a día da cidadanía.

Post navigation

Previous: Rois abre o prazo de inscrición para os “Cursos de Inverno”
Next: Ames aproba a oferta de emprego público 2024

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.