Bisbarra, 1 de decembro do 2023 – Oroso rematou o mes de novembro cunha sorpresa inesperada na tarde de onte, un terremoto de magnitude 3,8.
Foron dous tremores seguidos ás sete e oito minutos da tarde. Non se informaron de problemas de ningún tipo no concello salvo a sorpresa e preocupación da veciñanza.
O terremoto foi recollido polo Instituto Xeográfico Nacional que indica que sentiuse tamén en poboacións próximas. En varios lugares de Compostela, desde Vista Alegre a Figueiras; Cara á Coruña o tremor chegou a sentirse en Ordes e Mesón do Vento; en Tronceda a Vella, en Arzúa; Boimorto; no Barbanza en lugares de Noia e Muros; en Oza-Cesuras; Culleredo; Brión; A Baña; Val do Dubra e Santiso.
O Instituto Xeográfico publica información diaria sobre os terremotos na península e nos últimos días producíronse tamén en Oimbra, Ourense, con magnitude 2,7; e en Lugo e Becerrea con magnitude 2,2.