Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso

O Oroso Tenis de Mesa consegue catro ascensos pero ten que renunciar a máxima categoría por falta de apoios

OrosoTorneo-Internacional-de-Tenis-de-Mesa-20180901_171946-slide_r

Oroso, 6 de agosto do 2019 – Unha temporada máis o palmarés do Oroso Tenis de Mesa é impresionante, conseguindo catro ascensos, e unha vez máis ten que renunciar a estar na máxima categoría nacional por falta de apoios económicos.

Coa pretempada xa comezada, a pleno rendemento os grupos de tecnificación preparando os próximos retos e sen case apenas descanso desde a finalización dos Campionatos de España en Tarragona, o Oroso tenis de Mesa acaba de confirmar que son 4 os ascensos alcanzados na pasada tempada: 3 a ligas nacionais e un á máxima categoría autonómica.

oroso tenis de mesaO Oroso Abanca de 2ª  División Nacional Feminina, acababa a liga como líder do seu grupo, alcanzando así o ascenso directo á Primeira División Nacional. O equipo, formado integramente por xogadoras da casa, selaba unha  magnifica campaña e a próxima tempada competirá en categoría nacional, probablemente no grupo 1.

O  OrosoTM Hotel Santa Cruz, militante na máxima categoría autonómica: Primeira División  Galega, alcanzou a segunda praza e esta semana a Federación Galega de Tenis de Mesa confirmaba o seu ascenso a Terceira División Nacional como mellor segundo de entre todos os grupos galegos. O equipo, formado por rapaces da canteira alcanza así un importante logro que permitirá aos máis novos do club seguir progresando e medir as súas forzas a próxima tempada xa contra xogadores de categoría nacional.

En segunda división galega, o Oroso Barbería  Tije, acababa a liga regular como subcampión, e tamén recibía a boa noticia esta semana do seu ascenso á máxima categoría autonómica, polo que en setembro debutará en Primeira división  Galega.

A nota agridoce foi para o  OrosoTM Deporte  Galego, que finalizaba a campaña como líder do seu grupo, en primeira posición tras unha impresionante campaña das perlas da canteira orosá que, no seu primeiro ano na categoría sorprendían a propios e estraños. Con todo, o club viuse, unha vez máis, obrigado a renunciar a un ascenso (lembremos que xa tivo que facelo na tempada pasada co equipo de  Superdivisión Nacional Feminina, e na anterior coa participación na liga Europea e no Campionato de España). Os apoios que o club tanto solicita seguen sen chegar e decidiu priorizar ás categorías base.

Lamentablemente, unha vez máis, Oroso perde unha praza nas máximas categorías nacionais co consecuente prexuízo, non só deportivo, senón tamén económico para a hostalería e demais negocios da zona que poderían beneficiarse da visita ao concello dos mellores clubs de España.

A pesar de todo, a directiva púxose xa a preparar unha tempada que cualifican de ilusiónante polas serias opcións de ascenso coas que parten algúns dos seus equipos, e fai unha vez máis un chamamento a todas as institucións públicas e empresas privadas para que apoien un labor de xa moitos anos e que deu innumerables éxitos ao  Concello. “No apartado técnico faise un gran traballo e temos xogadores que se se aposta por eles teñen un gran futuro, pero necesitan que se lles apoie máis, e que non vexan freada a súa progresión por ter que renunciar a ascensos ou a participar en competicións que eles mesmos gañáronse na mesa.”

Post navigation

Previous: Terras de Compostela organiza un Plan de Formación en transformación de produtos agrícolas
Next: Doce anos de DesOrdes Creativas

Máis novas

bisbarra vertido tordoia 17 setembro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mantense a preocupación polo vertido de Tordoia

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

Camiño INgles ao seu paso por Oroso
2 minutes read
  • Oroso

Case un millón de euros para o paseo do Carboeiro en Oroso

Un momento da concentración en Oroso polo peche do Centro de Saúde
2 minutes read
  • Oroso

Máis queixas polos peches de centros de saúde

A Deputación cofinancia o campo de fútbol Lino Balado en Oroso
3 minutes read
  • Oroso

Novo céspede para o campo de fútbol Lino Balado en Oroso

OROSO CAMPAMENTO INCLUSIVO 11 MARZO 2026
2 minutes read
  • Axenda

Oroso ofrece un campamento inclusivo durante a Pascua

oroso asfaltado sigueiro 7 marzo 2026
2 minutes read
  • Oroso

300.000 Euros para asfaltar Sigüeiro

OROSO CAMPO LINO BALADO 20 XANEIRO 2026
2 minutes read
  • Oroso

Oroso inaugura un campo de fútbol con selo FIFA Quality Pro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.