Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso

Oroso abrirá una investigación sobre un caso de suplantación de identidade

imaxe do concello de Oroso

Oroso, 24 de agosto do 2017 –  O Concello de Oroso abrirá unha investigación ante un caso flagrante de suplantación de identidade nunha alegación presentada contra unha modificación de créditos aprobada polo Pleno Municipal.

A modificación de créditos foi aprobada o 18 de agosto polo pleno municipal e publicada onte no BOE. Tamén onte era presentada unha alegación no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, baixo o nome, apelidos e DNI dunha concelleira socialista do municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, explica: “sorprendeunos o feito de que a alegación fose presentada por unha concelleira de Ourense e tamén que fose dun perfil tan baixo, polo que nos puxemos en contacto con ela e nos confirmou que ela non interpuxera alegación algunha pero que os datos recollidos no documento efectivamente son os seus”. O alcalde orosán considera que “estamos ante un caso flagrante de suplantación de identidade no que, independentemente das accións que poida tomar a persoa suplantada, dende o Concello de Oroso imos abrir unha investigación para ver de dar coa ou cos responsables”.

Mirás Franqueira indica que “é evidente que o único que se busca neste caso é entorpecer o normal funcionamento do Concello de Oroso e atrasar no posible a compra dun novo brazo para a roza para o noso tractor, o que claramente prexudica á nosa veciñanza”. Ademais, o feito de que a alegación fose presentada en Santiago e non en Oroso fai sospeitar que a persoa que o fixo sexa residente no municipio orosán e quixo así evitar ser identificada.

O primeiro que fará o Concello de Oroso será solicitar que un perito calígrafo examine a sinatura contida na alegación presentada. Non é a primeira vez que se produce un caso de suplantación de identidade no municipio. Hai un par de meses o propio alcalde tivo que denunciar ante Facebook a suplantación da súa identidade por parte dun perfil desta rede social que empregaba o nome de Manuel Mirás Franqueira e utilizaba as súas fotos de perfil e mesmo as familiares para facerse pasar polo alcalde orosán e criticar as actuacións levadas a cabo polo Concello.  

Post navigation

Previous: Ames publica as condicións para as adxudicacións no cemiterio municipal
Next: O Curtocircuito faise presente en agosto coas Noites Curtas

Máis novas

Camiño INgles ao seu paso por Oroso
2 minutes read
  • Oroso

Case un millón de euros para o paseo do Carboeiro en Oroso

Un momento da concentración en Oroso polo peche do Centro de Saúde
2 minutes read
  • Oroso

Máis queixas polos peches de centros de saúde

A Deputación cofinancia o campo de fútbol Lino Balado en Oroso
3 minutes read
  • Oroso

Novo céspede para o campo de fútbol Lino Balado en Oroso

OROSO CAMPAMENTO INCLUSIVO 11 MARZO 2026
2 minutes read
  • Axenda

Oroso ofrece un campamento inclusivo durante a Pascua

oroso asfaltado sigueiro 7 marzo 2026
2 minutes read
  • Oroso

300.000 Euros para asfaltar Sigüeiro

OROSO CAMPO LINO BALADO 20 XANEIRO 2026
2 minutes read
  • Oroso

Oroso inaugura un campo de fútbol con selo FIFA Quality Pro

oroso praza usaac diaz pardo 23 decembro 2025 (1)
2 minutes read
  • Oroso

Oroso abre ao tránsito peonil a Praza Isaac Díaz Pardo

oroso campanha comercio local 16 decembro 2025 SLIDE
2 minutes read
  • Axenda

Oroso promove as compras no comercio local

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.