займ срочно

Oroso superará en esta lexislatura os catorce quilómetros de sendas peonís

0

Bisbarra, 21 de setembro do 2022 – O concello de Oroso ven de anunciar a construción dun novo treito de senda peonil entre Baxoia a Bouzalonga con que superará os 14 quilómetros de carreiros.

 

O alcalde de Oroso, Luis Rey, supervisou o comezo das obras de construción da senda, na parroquia de Deixebre, que abarca un treito de 760 metros de lonxitude. Con este novo camiño suman un total de 13 sendas existentes en todo o municipio.

 O prazo de execución é de catro meses e suporá un investimento de 141.500 euros. Durante a visita ás obras, o rexedor local indicou que este novo itinerario peonil de 760 metros entre Baxoia e Bouzalonga verase interrompido baixo a ponte da autoestrada debido a que non autorizaron a súa execución nese pequeno treito.

Luis Rey salienta que coa construción desta senda peonil o Concello de Oroso pasará a contar cun total de 13 sendas para as persoas, que suman máis de 14 quilómetros de lonxitude, sendo a de Oroso Pequeno a Rego Carboeiro a máis longa, con 1,91 quilómetros, seguida pola da Igrexa-Valverde (A Gándara), con 1,84 quilómetros. “Itinerarios peonís como estes non só representan un avance importante en materia de seguridade vial no rural, se non que ademais tamén favorecen un estilo de vida máis saudable ao ser idóneos para que a veciñanza pasee ou monte en bicicleta”, apuntou. 

As outras dez sendas peonís existentes son a dos Carballos-Baxoia (Deixebre), con 1,77 quilómetros; Senra, con 1,6 quilómetros; Rúa Portiño-Estación de Oroso, con 1,26 quilómetros; Sigüeiro-A Igrexa (A Gándara), con 1,07 quilómetros; A Igrexa-Piñeirón (A Gándara), con 920 metros; Castro-A Esquipa (Trasmonte), con 875 metros; A Baiuca-A Igrexa (Senra), con 770 metros; A Esquipa-Estación de Trasmonte (Trasmonte), con 620 metros; Valverde-O Cruceiro (Vilarromarís), con 400 metros; e Rúa María Casares (A Gándara-Portoavieira), con 250 metros.

O alcalde de Oroso resaltou tamén que esta obra forma parte do “investimento récord de 4,2 millóns de euros nas parroquias do rural” co que o goberno local prevé rematar o actual mandato.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies