займ срочно

Semana Cultural en Oroso desde o vindeiro martes 23

0

Bisbarra, 18 de agosto do 2022 – O concello de Oroso ven de presentar a Semana Cultural que organiza desde o vindeiro martes 23 ata o 8 de setembro.

Desde a Concellaría de Cultura de Oroso prográmanse un total de sete actividades no marco de esta semana Cultural. A primeira delas, o martes 23 de agosto, será unha  excursión ao

imaxe do concello de Oroso

Aquapark de Cerceda dirixida a maiores de oito anos de idade. As prazas son limitadas e o prazo de solicitude permanecerá aberto ata este venres 19 de agosto no Centro Cultural.

Ao día seguinte, o mércores 24 de agosto, a explanada da piscina municipal acollerá o espectáculo teatral para todos os públicos “A tropa do doutor milagre”, a cargo de Urdime.

Dous días máis tarde, o venres 26, a Praza de Isaac Díaz Pardo será o escenario do espectáculo de música e movemento para todos os públicos “Pisando ovos – Give it a Spain”, incluido no programa “Cultura no Camiño”.

O martes 30 de agosto, Magín Blanco ofrecerá o espectáculo musical “A banda das apertas” na explanada da piscina, tamén ao abeiro de “Cultura no Camiño” e dirixido a todos os públicos.

Xa no mes de setembro, o venres 2 a Praza de Isaac Díaz Pardo acollerá a actuación musical de Cora Velasco, incluida no programa “Cultura no Camiño”, mentres que o martes 6 de setembro será Marta Alonso Tejada quen ofreza o espectáculo de danza e humor “Sofá” na explanada da piscina.

Por último, o xoves 8 de setembro, Urdime programará a obra teatral “Muiñada”, para todos os públicos, no Parque do Carboeiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies