Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

O Delegado do Goberno e o alcalde de Oroso planifican melloras para o concello

oroso-reunion-delegado-do-goberno-slide-2-decembro-2024_r

Bisbarra, 2 de decembro do 2024 – O Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o alcalde de Oroso, Alex Doval, mantiveron unha reunión sobre distintas melloras no concello que afectan á administración central.

Durante o encontro, Doval trasladou ao Delegado unha serie de peticións para que o Goberno de España as teña en conta na súa planificación. A primeira delas a instalación de iluminación adicional nos pasos de peóns máis frecuentados en Sigüeiro. Esta medida busca mellorar a visibilidade e garantir a seguridade dos peóns, especialmente nas horas de baixa luminosidade, reducindo os riscos para as persoas que circulan a pé.

Tamén se destacou a importancia de construír unha beirarrúa na N-550 desde Deixebre ata o local social da parroquia. A falta desta infraestrutura actual deixa aos peóns en situacións de risco, polo que se fai imprescindible para garantir a súa seguridade.

Por outra banda Delegado e alcalde falaron da  cesión da parcela onde se atopaba a radio baliza de AENA en Sigüeiro. A cesión deste espazo permitiría destinalo a un uso social ou comunitario, favorecendo o desenvolvemento urbano e mellorando os espazos públicos do municipio.

Outro dos puntos clave foi a mellora estética e de integración paisaxística da rotonda na N-550 á saída da AP-9. A súa reforma permitirá mellorar a imaxe de entrada ao municipio, ao tempo que se integrará mellor co entorno natural, respectando a paisaxe e mellorando a funcionalidade da rotonda.

Igualmente, o Alcalde solicitou a mellora do aglomerado da estrada N-550 ao seu paso polo municipio, o que garantirá unha circulación máis segura e eficiente, especialmente nos tramos de maior afluencia de vehículos.

Finalmente, tamén se solicitou a reposición dos pivotes verdes na entrada da rotonda e ao longo da Avenida da Grabanxa (N-550), onde algúns están caídos ou directamente non existen.

O Alcalde de Oroso destacou a boa disposición do Delegado do Goberno en Galicia para atender estas solicitudes e amosou a súa disposición a seguir traballando de maneira conxunta coas institucións para levar a cabo as melloras necesarias para o benestar da veciñanza de Oroso.

Post navigation

Previous: A Requinta da Laxeira e a Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla darán un concerto en Compostela
Next: A escola infantil de Padrón será reformada por completo

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.