Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Oroso renova o tellado da unitaria de Vilacide

 Os trabalos que acomete o concello de Oroso están financiados por medio da Direccion Xeral de Administración Local.

oroso renovacion escola vilacide slide 11 decembro 2025

O Concello de Oroso inicia as obras de renovación do tellado da Escola Unitaria de Vilacide, unha actuación que ten como obxectivo garantir o bo estado do edificio e ofrecer un espazo educativo máis seguro, eficiente e confortable para o alumnado.

O proxecto, que conta cun investimento próximo aos 43.000 euros, está financiado a través da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia mediante o Fondo de Compensación Medioambiental. A obra permitirá mellorar o illamento, previr filtracións e actualizar a estrutura do centro, asegurando o seu mantemento a longo prazo.

Esta intervención súmase a outras actuacións realizadas polo Concello de Oroso nos últimos meses, como a reparación do tellado da Escola Unitaria de Senra e a rehabilitación integral da sede do CRA en Vilarromarís, consolidando un plan continuo de mellora das infraestruturas educativas municipais.

O alcalde de Oroso, Álex Doval, destacou que “investir nas escolas unitarias é investir no futuro das nosas familias. Son centros fundamentais para a conciliación e para a vida do noso rural, e deben estar en perfecto estado. Seguiremos traballando para manter, actualizar e dignificar todos os espazos educativos do concello”.

Post navigation

Previous: Santiago(é)Tapas promóvese en Nadal
Next: Músicas na Linde: Lumedoloop

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.