Oroso, 17 de xuño do 2021 – O concello de Oroso ven de rematar distintas actuacións na rede viaria do municipio cun investimento global de 150.000 euros.
As principais obras rematadas consistiron no pavimentado de distintos lugares e a sinalización de tramos na avenida de Compostela e nas parroquias de Senra, Oroso e Cardama.
O concello comezou ademais traballos de acondicionamento do firme nos lugares de A Igrexa e Cas (Ánxeles), Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e A Costa (Trasmonte), que se prolongarán durante as próximas semanas.
O alcalde de Oroso, Luís Rey, explicaba que “Con estas actuacións, damos resposta ás demandas veciñais e melloramos a seguridade viaria, tanto dos vehículos como dos peóns”. O investimento total de estas melloras e as que se acomenterán nos próximos meses alcanza o millón de euros.
