Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Oroso
  • Xeral

O 28 Oroso acolle un ano máis o Psicotroita

oroso-psicotroita-slide-23-setembro-2024_r

Bisbarra, 23 de setembro do 2024 – O Psicotroita regresa a Sigüeiro coa súa novena edición o vindeiro 28 de setembro, mantendo o seu estilo desenfadado e familiar.

O Psicotroita consolidouse ao longo dos anos como un referente entre os festivais da zona, cunha afluencia de máis de 1000 persoas por edición. O evento, que terá lugar na área recreativa do Paseo do Carboeiro en Sigüeiro, contará cunha ampla programación musical que abranguerá dende bandas galegas ata grupos internacionais.

A música en directo será a protagonista do Psicotroita, cun estilo pop, rock e garage, coa participación de artistas como Airbag, Rolando Bruno, King Salami & The Cumberland Three, Samesugas, e moitos máis. O festival asegura ademais un ambiente cómodo, con zonas de descanso á sombra, gastronomía variada que inclúe opcións veganas e sen glute, e espazos adecuados para mascotas.

Un dos valores fundamentais do Psicotroita é o seu respecto polo entorno natural que o rodea: unha área recreativa a carón do Río Carboeiro en Sigüeiro. O festival promove o uso de ecovasos reutilizables a un custo simbólico que se pode reembolsar, aínda que moitos asistentes optan por gardalo como recordo. A combinación de boa música e sustentabilidade converte o Psicotroita nun evento único que coida tanto do medio ambiente como dos seus asistentes.

O festival comezará ás 13:00 e prolongarase ata a 1:00 da madrugada, respectando sempre os horarios de descanso da vila. A entrada será totalmente gratuíta, consolidando o Psicotroita como unha cita imprescindible para os amantes da música e a cultura na contorna.

A presentación do cartel do festival fíxose hoxe no Paseo do Carboeiro en presencia do alcalde de Oroso, Alex Doval, e do Director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, como patrocinador do evento.

Saúdos do Departamento de Comunicación do Concello de Oroso.

Post navigation

Previous: Este mércores 25 ábrese en Compostela MARÉ
Next: A senda ciclista do Milladoiro Santiago, desexada pero debatida

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.