Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Oroso presenta o proxecto dun novo Centro Deportivo Multiusos

O alcalde de Oroso, Luís Rey, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, presentaron o novo proxecto de Centro Deportivo Multiusos.
oroso-novo-multiusos-slide-16-xaneiro-2023-(2)_r

Bisbarra, 16 de xaneiro do 2023 – O alcalde de Oroso, Luís Rey, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, presentaron o novo proxecto de Centro Deportivo Multiusos.

Na presentación estiveron presentes unha trintena de directivos e representantes dos clubs deportivos do municipio. O novo Centro Deportivo Multiusos de Sigüeiro está previsto que comece a construírse a finais de ano nunha parcela situada fronte ao CEIP Camiño Inglés.

 Luis Rey explicou que esta infraestrutura, que requirirá un investimento aproximado de 1,5 millóns de euros, é “unha resposta ás demandas e necesidades de boa parte dos 29 clubs e entidades deportivas que hai en Oroso e á crecente práctica dos deportes de pista”.

O alcalde engadiu que “O deporte move moita xente en Oroso e, ademais dos beneficios que representa no ámbito da saúde, en certa medida tamén é unha fonte de xeración de riqueza para sectores como o da hostalaría e por iso decidimos apostar forte por esta nova infraestrutura”.

Sobre o financiamento do proxecto, o alcalde indicou que, ademais da aportación económica que realizará o propio concello, xa está xestionado o “compromiso verbal” do presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, da colaboración económica do ente provincial e agarda implicar tamén á Xunta de Galicia.

O rexedor local avanzou que a previsión é licitar e adxudicar a construción do Centro Deportivo Multiusos nos vindeiros meses, coa finalidade de que antes de que remate o presente exercicio poidan comezar as obras. Ao respecto, xustificou esta primeira reunión cos representantes dos clubs apuntando que o proxecto construtivo aínda non está rematado ao cento por cento, polo que aínda admite cambios que non sexan substanciais pero que poidan mellorar o resultado final. 

n nota das suxestións comentadas polos asistentes á reunión de onte, que principalmente se centraron na dotación dun maior número de vestiarios para deportistas, na racionalización da iluminación natural a través da cuberta e na previsión das prazas de aparcamento no exterior do recinto.

Post navigation

Previous: A USC mostra xa o meteorito Traspena
Next: A Xunta ampliará o colexio Agro do Muíño en Ames

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.