Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Oroso

A V Primavera no Camiño Inglés aprázase ao domingo 12 de xuño

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés acordou o aprazamento da quinta edición de Primavera no Camiño Inglés.
oroso-primavera-no-caminho-normal-30-marzo-2022(1)_r

Oroso, 2 de xuño do 2022 – A Asociación de Concellos do Camiño Inglés acordou o aprazamento da quinta edición de Primavera no Camiño Inglés.

A quinta edición de Primavera no Camiño estaba prevista para este sábado 4 de xuño en Sigüeiro (Oroso). Unha iniciativa que terá lugar no mesmo emprazamento o vindeiro domingo 12 de xuño.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés tomou esta decisión para garantir a seguridade tanto das persoas que ían estar presentes en representación dos 18 concellos participantes como do público asistente.

As pésimas previsións meteorolóxicas, para este sábado, alertan de fortes choivas con posibilidade de aparato eléctrico. Esta decisión foi corroborada coa Deputación da Coruña e o Concello de Oroso, colaboradores na iniciativa.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés lamenta as molestias que este aprazamento poida causar pero entende que é a mellor solución para que este encontro de municipios que é a Primavera no Camiño Inglés se poida desenvolver nas mellores condicións posibles. Nos próximos días darase a coñecer a programación para o domingo 12 de xuño, que se prevé que sexa moi similar á actual.

Post navigation

Previous: Novas doacións arqueolóxicas á Casa do Patrón
Next: Abre a 44º edición da Semana Verde de Galicia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

melide mercado medieval slide
3 minutes read
  • Axenda

Mercado Medieval de Melide

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel das próximas citas de Cultura Dispersa en Rois
2 minutes read
  • Axenda

Rois continúa promovendo Cultura Dispersa

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.