Un dos espazos centrais do núcleo de Sigüeiro, e de Oroso como concello, volve a abrirse para a cidadanía. A Praza de Isaac Díaz Pardo ven de pasar por unha profunda renovación que a converte e máis accesible a humana.
Esta apertura prodúcese xusto un ano despois da sinatura do convenio coa Conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, María Martínez Allegue, que fixo posible esta actuación cun investimento global de preto de 700.000 euros.

O alcalde de Oroso, Álex Doval, sinalou que “a Praza Isaac Díaz Pardo recupera o seu papel como espazo central de convivencia, pensado para as persoas e para a vida diaria do municipio”, engadindo que “é unha actuación que mellora a calidade urbana e reforza o corazón de Sigüeiro”.
A apertura ao tráfico rodado da Praza Isaac Díaz Pardo levarase a cabo á volta das vacacións de Nadal, unha vez finalizada a instalación do mobiliario urbano pendente, entre o que se inclúen bancos, mesas e maceteiros.
O alcalde explicou que “preferimos abrir agora o uso peonil para que a veciñanza poida gozar da praza durante o Nadal, e completar os últimos remates con todas as garantías nas vindeiras semanas”.
