Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

A avenida da Grabanxa en Oroso máis cerca de ser reformada

oroso reforma av grabanxa 5 maio 2025

Un pleno extraordinario aprobou o convenio que permitirá que a Deputación da Coruña licite a obra de reforma da avenida da Grabanxa e que supón un investimento de 900.000 euros.

Imaxe de Google Maps

Oroso leva moito tempo na procura dunha mellora da avenida da Grabanxa. Desde a anterior lexislatura o goberno municipal, o de entón e o actual, buscan fondos para unha das vías principais de Sigüeiro.

Ao longo dos últimos anos mantivéronse reunións coa Deputación, a Xunta de Galicia, e mesmo a Delegación do goberno, como podemos ver nos artigos que fomos publicando sobre este tema https://tinyurl.com/22k7bu3m .

O último pleno extraordinario  municipal, aprobou por unanimidade de todos os grupos da Corporación, o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para acometer a esperada remodelación integral da Avenida da Grabanxa.

Este acordo supón un paso definitivo para a execución do proxecto xa aprobado e que contará con financiamento da institución provincial. A licitación da obra por parte da Deputación é agora o seguinte paso, e desde o goberno local confían en que se tramite coa maior urxencia posible, dada a relevancia desta actuación para a veciñanza.

Trátase dunha intervención que permitirá modernizar unha das arterias principais do municipio, mellorar a seguridade viaria e favorecer a accesibilidade, así como a integración paisaxística da vía, transformando de maneira significativa a entrada ao núcleo urbano.

A colaboración tanto de Augas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, como da Deputación da Coruña fai posible que o Concello de Oroso poida afrontar esta actuación sen comprometer os recursos propios, exemplo de colaboración entre institucións.

O proxecto supón un investimento total próximo aos 900.000 euros, dos cales 280.000 euros serán asumidos por Augas de Galicia, correspondentes ás actuacións de saneamento e abastecemento que, en principio, tería que asumir o propio Concello.

Deste xeito, a achega da administración local queda a custo cero, mentres que o resto do financiamento correrá a cargo da Deputación da Coruña, a través do convenio aprobado.

Post navigation

Previous: Negreira será un concello cardio protexido
Next: Comeza en Compostela Escenas do Cambio

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.