Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Oroso aproba o orzamento para o 2026

Desde o equipo de goberno o definen como un orzamento equilibrado, sen subas fiscais e que crece, con respecto ao ano pasado, nun sete por cento.

oroso aproba orzamentos 2 decembro 2025

O Pleno do Concello de Oroso  aprobou na sesión ordinaria de novembro os orzamentos municipais para o 2026. A sesión debateu e aprobou tamén o plan estratéxico de subvencións e o POS adicional.

Oroso aprobou os orzamentos municipais cos votos favorables do Grupo Municipal do Partido Popular, tras un debate no que o grupo de goberno defendeu a importancia “dunha planificación económica seria, estable e orientada ao investimento”.

As contas para 2026, por un total próximo aos 9 millóns de euros, caracterízanse por un equilibrio orzamentario, sen incrementar débeda nin gasto corrente. Manter a mesma presión fiscal, sen ningunha suba de impostos municipais nin da taxa do lixo e asunción polo Concello do incremento de tarifas externas, como a da auga, evitando que repercutan nos petos das familias.

Estes orzamentos destinan 1,9 millóns de euros en investimento real, o que supón un incremento do 21% respecto ao ano anterior. Un de cada cinco euros do orzamento destínase a investimento “un esforzo extraordinario para un municipio da nosa dimensión”. Actuacións centradas na mellora e posta en valor dos espazos públicos, na modernización das infraestruturas municipais, e na cohesión social e participación cidadá.

Tal e como recolle o documento presentado polo goberno de Oroso “estes orzamentos responden a un modelo de vila moderna, sostible e centrada nas necesidades reais da veciñanza”.

O alcalde, Álex Doval, subliñou no Pleno que “son unhas contas responsables, equilibradas e pensadas para seguir transformando Oroso e protexer ás familias”. Se se engaden as achegas pendentes da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña para proxectos xa comprometidos, o volume total de investimento no municipio superará os 3,3 millóns de euros, converténdose nun dos exercicios con maior capacidade inversora da última década.

Plan Estratéxico de Subvencións e POS Adicional

O Pleno aprobou por unanimidade o Plan Estratéxico de Subvencións 2025–2027 e o POS Adicional de Gastos Sociais, reforzando o compromiso municipal co tecido asociativo, as familias e os colectivos máis vulnerables.

Mocións aprobadas para reforzar recursos e infraestruturas doutras administracións

As tres mocións presentadas polos grupos municipais foron aprobadas, dúas do Grupo Municipal Popular e outra do Grupo Municipal Socialista, coincidindo todas na necesidade de instar ás administracións competentes a reforzar investimentos, servizos e infraestruturas en Oroso, garantindo unha mellor resposta ás demandas cidadás.

O Concello de Oroso valora positivamente o ton da sesión e destaca que estes acordos permiten continuar avanzando na boa dirección, cun modelo de xestión responsable, eficaz e centrado no interese xeral.

Post navigation

Previous: A Deputación eleva o vindeiro POS aos 88 millóns de euros
Next: Retorno a Compostela

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.