Bisbarra, 12 de decembro do 2022 – O concello de Oroso prepara uns orzamentos que superarán os oito millóns de euros e suporán unha rebaixa na presión fiscal dos veciños.
A intención do goberno municipal, segundo avanzou o alcalde Luís Rey, e levamos a pleno antes de que remate o ano. A rebaixa de impostos nos orzamentos levarase a cabo coa supresión do imposto de plusvalía, asumindo o custo do contedor marrón de lixo e non incrementando o custo da actualización de prezos na taxa de abastecemento de auga.
Estas tres medidas supoñen na práctica unha rebaixa de impostos para os veciños de 300.000 euros. Luis Rey explica que “No goberno local de Oroso somos conscientes de que a inflación dos prezos está a reducir o poder adquisitivo de moitas familias e por iso pretendemos aprobar esta importante rebaixa da carga fiscal nos orzamentos de 2023 para axudalas a superar esta situación conxuntural, que agardamos que se normalice o antes posible”.
Ao mesmo tempo, Luis Rey subliñou que “esta rebaixa impositiva non suporá menos capacidade inversora para o concello” e asegurou que “será posible grazas á boa saúde económica da que goza o Concello de Oroso, froito da xestión responsable que está a desenvolver o goberno local”.