Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Oroso aumenta o seu orzamento para o 2026 nun 7%

imaxe do concello de Oroso

O equipo de goberno cualifica as contas de equilibradas, sen subas fiscais e cun investimento récord ao servizo da veciñanza.

imaxe do concello de Oroso

O Concello de Oroso vén de presentar o proxecto de orzamentos municipais para o exercicio 2026. Segundo o equipo de goberno do popular Alex Doval trátanse dunhas contas que destacan polo seu equilibrio económico, a estabilidade fiscal e un ambicioso esforzo investidor.

O documento mantén o equilibrio orzamentario e consolida “unha xestión dos recursos responsable, sen incremento da débeda nin do gasto corrente”. O Concello mantén a mesma presión fiscal que no exercicio anterior, o que garante servizos públicos de calidade sen cargar máis aos contribuíntes. O documento presenta un incremento no orzamento con respecto ao ano pasado cercao ao 7%, preto dos 9M de euros.

O goberno local non aplicará ningunha subida na taxa de recollida de lixo e asumirá directamente o incremento doutras tarifas, como a da auga, derivadas de actualizacións alleas á administración municipal. O obxectivo é “protexer o peto das familias orosás e impedir que as subas repercutan no cidadán”.

Máis investimento

O proxecto contempla 1,9 millóns de euros en investimento real, o que supón un aumento do 21% respecto ao ano anterior e representa un de cada cinco euros do total do orzamento municipal. As principais liñas destinaranse á mellora e posta en valor dos espazos públicos, á cohesión social e participación cidadá, e á reparación, modernización e mantemento das infraestruturas municipais.

O alcalde, Alex Doval, explica que “Estes orzamentos reflicten un Concello que xestiona con rigor e visión de futuro, que protexe ás familias e continúa investindo en mellorar o noso día a día”. Destacou tamén que “cada euro está pensado para seguir avanzando e para que Oroso continúe sendo un lugar mellor para vivir, traballar e convivir, demostrando que estamos na boa dirección”.

Se se engaden as aportacións pendentes de proxectos xa comprometidos que se executarán directamente pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, o volume global de investimento superará os 3,3 millóns de euros, situando a 2026 como un dos exercicios con maior capacidade inversora dos últimos anos.

O Concello subliña que esta suma de esforzos institucionais multiplicará o impacto positivo sobre o territorio, con actuacións que beneficiarán directamente ás parroquias, ao tecido económico local e á veciñanza no seu conxunto.

Con estas contas, Oroso reafírmase como “un Concello solvente, previsor e comprometido co progreso, que mantén a estabilidade económica, evita subas fiscais e segue a investir con criterio, sentido común e visión de futuro”.

Post navigation

Previous: Teo amplía o programa de conciliación TeoMadruga
Next: Máis cerca o pago das horas extras aos bombeiros de Santiago

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.