María Elena Espiñeira seguirá sendo a xuíz titular, cargo que ostenta desde o ano 2024

O veciño de Carollo, Parroquia de Cardama, Manuel Ferro, tomou posesión como xuíz de paz substituto do Concello de Oroso, completando así a renovación da Oficina de Xustiza de Paz, que continúa encabezada pola xuíza titular María Elena Espiñeira, no cargo desde o ano 2024.
Manuel Ferro, de 64 anos, é empregado público do Servizo de Prevención de Incendios da Consellería do Medio Rural, posto que desempeña desde o ano 1992. Está casado e ten un fillo.
Durante o acto de toma de posesión, celebrado na Casa do Concello, o alcalde de Oroso, Álex Doval, destacou “a importancia de contar con persoas comprometidas co servizo público e coa súa comunidade” e agradeceu “a disposición de Manuel Ferro e María Elena Espiñeira para seguir colaborando co Concello e coa cidadanía de Oroso”.
Coa incorporación de Manuel Ferro, a Oficina de Xustiza de Paz de Oroso continúa reforzando o seu labor de proximidade e atención á veciñanza.
