займ срочно

Oroso comeza a planificar a construción dun novo pavillón polideportivo

0

Oroso, 8 de febreiro do 2022 – O concello de Oroso traballa na construción dun novo pavillón polideportivo e encargará en próximas datas a redacción do proxecto.

Oroso é un dos concellos da bisbarra máis implicados na práctica deportiva con máis de mil cincocentas licenzas federativas. O novo pavillón ampliará o catalogo de servizos de este tipo que conta xa cun pavillón, pista de bicicross, piscina, ou mesmo un campo de béisbol.

Actual pavillón deportivo no que entrena o Oroso Tenis de Mesa

O alcalde Luís Rey explica que “En Oroso, máis de 1.500 persoas practican algún deporte de forma federada, máis as que o fan pola súa conta, polo que queremos mellorar e ampliar as infraestruturas do concello neste eido”. O rexedor engade “Xa temos varias ubicacións previstas e conversas con outras administracións para pedir axuda no financiamento do pavillón, polo que sacamos a concurso a elaboración do proxecto para avanzar na súa posta en marcha”.

O pavillón non será a única infraestrutura

O novo pavillón non será a única infraestrutura que se engadirá ás que hai actualmente en Oroso, xa que o proxecto de climatización da piscina inclúe un ximnasio multiusos que estará a disposición dos veciños e veciñas.

“Somos unha referencia na comarca polos convenios que temos con todos os clubes deportivos, as bolsas individuais ou as axudas para os desprazamentos en autobús das escolas deportivas locais, pero queremos dar un paso máis cun segundo pavillón polideportivo”, remata Luis Rey.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies