займ срочно

Oroso modifica o PXOM para incentivar a economía

0

Oroso, 1 de outubro do 2018 – O pleno do Concello de Oroso aprobou a eliminación da zona saturada de ruídos, recollida no PXOM, para impulsar a posta en marcha de novos negocios, como comercios e restaurantes.

O pleno aprobou provisionalmente unha modificación puntual do PXOM que a súa vez posibilita un cambio nas ordenanzas municipais. Según o alcalde, Manuel MIrás, “A zona saturada de ruídos a puxemos en marcha no ano 2005 por un problema que tiñamos cos pubs e discotecas, pero agora ese problema está solucionado”. O grupo de goberno espera que esta modificación de ordenanzas sirva para revitalizar economicamente Oroso como concello emprendedor Doing Business Galicia, recoñecemento outorgado recentemente.

Outros temas

Por outra parte, na sesión aprobouse que os festivos locais no ano 2019 serán o martes de Entroido, unha festa con gran tradición no concello, e o día 16 de setembro, Santa Eufemia.

O pleno aprobou tamén a modificación do proxecto de acondicionamento parcial da casa consistorial incluído no PAI 2016 (afecta ao salón de plenos), así como a aprobación definitiva do nomeamento de José Miguel Couselo Sánchez como fillo predilecto. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies