Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Oroso iniciará as obras de mellora e humanización do parque da Ulloa en sigüeiro

mellora ulloa oroso 20 xullo 2025

O goberno de Oroso busca mellorar o espazo da Ulloa co obxectivo de que serva tanto para os máis cativos como para as persoas maiores, servindo así a toda a veciñanza.

O Concello de Oroso vén de anunciar unha nova actuación no centro urbano de Sigüeiro coa posta en marcha do proxecto de mellora e humanización do Parque da Ulloa, situado no Portiño.

A intervención na Ulloa está previsto que comece a finais do mes de agosto. O investimento en este caso chega a través dunha subvención da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia de mellora de infraestruturas, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O importe aportado é de preto dos 40.000€.

Na actualidade, este parque de Oroso, en Sgüeiro, conta cun pavimento de xabre en mal estado, pouco accesible e incómodo para o xogo, e cun equipamento moi deteriorado que impide o seu uso en condicións de seguridade.

A zona tampouco dispón de bancos nin puntos de descanso, o que limita a súa utilización por parte dos maiores. O obxectivo do Concello é converter este espazo nun auténtico parque de lecer, aberto a todas as idades e pensado para o desfrute colectivo en condicións dignas.

As obras previstas en Oroso inclúen a renovación completa dos elementos de xogo, a mellora do firme e do sendeiro, a colocación de pavimento adecuado nas zonas infantís, e a instalación de novo mobiliario urbano. Ademais, reordenarase a distribución do espazo para facelo máis accesible, seguro e atractivo, xerando un entorno amable e integrador.

Dende o goberno municipal destacan que esta actuación responde ao compromiso de mellorar progresivamente os espazos públicos do municipio, especialmente aqueles que están en desuso ou infrautilizados. “Queremos que tanto Sigüeiro e as parroquias conten con zonas de encontro agradables, modernas e accesibles, pensadas para a convivencia, o descanso e o lecer”, sinalan dende o Concello.

Post navigation

Previous: A Hospedaría de San Martín Pinario acolle a exposición “Camiño”, da pintora Lola Doporto
Next: 7 concellos do Sar e o Barbanza piden a gratuidade da AP-9

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.