Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Oroso construirá un novo local social en Oroso

oroso novo local social slide 4 febreiro 2025

Bisbarra, 4 de febreiro do 2025 – Non é o mesmo o concello que a parroquia; se o primeiro ten varios locais sociais e mesmo un Auditorio, a parroquia de Oroso espera ter en pouco tempo o seu propio local social.

No último Pleno do Concello, Oroso aprobou un importante acordo que da luz verde á modificación do uso da parcela situada na parte superior do campo de fútbol de A Penela, que pasará de ter un uso dotacional deportivo de titularidade pública a un uso dotacional deportivo-sociocultural.

Este cambio è o primeiro paso para a construción dun novo Local Social na parroquia de Oroso, unha infraestrutura que busca fomentar a actividade veciñal e impulsar o movemento asociativo na zona. O goberno local destaca a importancia deste proxecto para ofrecer un espazo de encontro e dinamización, atendendo as demandas da veciñanza.

O alcalde de Oroso, Alex Doval, subliñou que “este acordo é unha mostra do compromiso do Concello con todas as parroquias do municipio, favorecendo o asociacionismo e dotando á veciñanza de espazos axeitados para a realización de actividades culturais e sociais”.

Lembrou tamén que esta obra foi un compromiso adquirido por outro executivo hai máis de dez anos, incluso estando xa orzamentada, pero que finalmente foi descartada para destinar eses fondos á compra dun tractor. “Este goberno levará a cabo a construción deste Local Social, cumprindo así cunha demanda histórica da veciñanza da parroquia”.

Post navigation

Previous: Os comedores de Ames novamente no centro da liorta política
Next: Autovía Lugo-Santiago, falta menos

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.