Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso

Inaugurada a nova edición do Oroso Góis Arte

Cerca dun cento de persoas, entre autoridades, artistas e veciños, déronse cita para asistir á inauguración dunha nova edición do certame internacional Góis Oroso Arte
G-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Oroso, 9 de setembro do 2019 – Cerca dun cento de persoas, entre autoridades, artistas e veciños, déronse cita para asistir á inauguración dunha nova edición do certame internacional Oroso Góis Arte, que pode visitarse estes días no centro de saúde de Sigüeiro.
    • Escultura e concerto

Oroso, 9 de setembro do 2019 – Cerca dun cento de persoas, entre autoridades, artistas e veciños, déronse cita para asistir á inauguración dunha nova edición do certame internacional Oroso Góis Arte, que pode visitarse estes días no centro de saúde de Sigüeiro.

Oroso Góis ArteOroso Góis Arte foi abriu coa presenza do alcalde, Manuel Mirás, e a presidenta da Cámara de Góis, María Lurdes Oliveira Castanheira. Ambos destacaron “a calidade das obras e a importancia do irmandamento entre ambos concellos, que vai máis alá da cultura”.

Oroso Góis ArteO alcalde engadiu que colaboran “en temas de igualdade, sociais, prevención de incendios, intercambios de mozos e mozas e por suposto cultura; a relación co concello de Góis está moi consolidada e nos aporta moitas cousas”.

Nas intervencións previas á inauguración da mostra, composta por unhas 70 obras de temática e disciplinas variadas, a conselleira de Cultura de Oroso, Vanesa Boo, falou “do crecemento deste certame, xa que cada día son máis os e as artistas de diferentes países interesadas en participar”. O alcalde orosán agradeceu tamén a participación dos artistas neste certame, xa que “sen vós isto non sería nada. A cultura serve para a unión dos pobos, para construír pontes ao entendemento, para o noso grupo de goberno é unha prioridade desde hai moitos anos”.

Oroso Góis ArteÓleo, acrílicos, acuarelas, fotografía, escultura… todas as disciplinas artísticas están presentes na mostra que este ano ubícase no centro de saúde polas obras de ampliación do centro cultural. Tanto o alcalde como a concelleira de Cultura agradeceron a boa disposición dos responsables das instalacións sanitarias.

Escultura e concerto

Oroso Góis ArteAntes da mostra, inaugurouse unha estatua de homenaxe á muller labrega nas rúas de Sigüeiro. Santiago Martínez, un dos seus autores, apuntou que “foi un traballo de tres anos, quixemos representar a unha muller apoiada na súa ferramenta de traballo no campo, é unha homenaxe ás mulleres que tanto traballaron e traballan no rural”.

Oroso Góis Arte

Post navigation

Previous: Ordes ratifica a segunda fase do POS + 2019
Next: Os empresarios de Santa Comba fórmanse en administración electrónica

Máis novas

Camiño INgles ao seu paso por Oroso
2 minutes read
  • Oroso

Case un millón de euros para o paseo do Carboeiro en Oroso

Un momento da concentración en Oroso polo peche do Centro de Saúde
2 minutes read
  • Oroso

Máis queixas polos peches de centros de saúde

A Deputación cofinancia o campo de fútbol Lino Balado en Oroso
3 minutes read
  • Oroso

Novo céspede para o campo de fútbol Lino Balado en Oroso

OROSO CAMPAMENTO INCLUSIVO 11 MARZO 2026
2 minutes read
  • Axenda

Oroso ofrece un campamento inclusivo durante a Pascua

oroso asfaltado sigueiro 7 marzo 2026
2 minutes read
  • Oroso

300.000 Euros para asfaltar Sigüeiro

OROSO CAMPO LINO BALADO 20 XANEIRO 2026
2 minutes read
  • Oroso

Oroso inaugura un campo de fútbol con selo FIFA Quality Pro

oroso praza usaac diaz pardo 23 decembro 2025 (1)
2 minutes read
  • Oroso

Oroso abre ao tránsito peonil a Praza Isaac Díaz Pardo

oroso campanha comercio local 16 decembro 2025 SLIDE
2 minutes read
  • Axenda

Oroso promove as compras no comercio local

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.