Bisbarra, 25 de outubro do 2023 – Malasombra Producións estrea este xoves en Oroso “Testosterona”, unha peza protagonizada por Luís Iglesia e Camila Bossa,

“Testosterona”é unha montaña rusa na que van aparecendo temas de actualidade que non deixan de sorprender ao espectador. A obra, dirixida por Xoque Carbajal, foi presentada hoxe no mesmo auditorio de Oroso no que será estreada.
Para a función do día 26, a estrea, é preciso solicitar invitación no concello. O venres 27 de outubro será a presentación oficial ao público coa primeira función, dun traballo que percorrerá os distintos concellos galegos. Ambas as dúas funcións comezarán as oito e media da tarde.
O alcalde de Oroso, Alex Doval, agradeceu que “a compañía de teatro contase connosco para a estrea deste traballo, porque é unha forte aposta pola cultura nos concellos pequenos”. Doval convidou a toda a veciñanza a encher o auditorio o vindeiro venres.
“Testosterona”
A peza é unha adaptación do traballo da mexicana Sabina Berman. O director explica que “Tivemos que facer unha adaptación e unha actualización da obra, xa que está ambientada no país mexicano nos anos 70 e a idiosincrasia actual do noso país ten moitos aspectos diferentes.

Na trama o director dun importante medio de comunicación ten que deixar o seu posto nas mans dun dos seus subdirectores, un home e unha muller. Unha comedia que trata a desigualdade laboral por razón de sexo, un tema de plena actualidade.