Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Reordenación de 1.400 hectáreas de terreos en Oroso

oroso-axudas-melloras-rural-slide-13-xullo-2018_r

Coa entrega dos títulos a 899 propietarios remata a concentración parcelaria nas parroquias de Ánxeles, Calvente, Pasarelos e Marzoa pertencentes a Oroso.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Rural, María José Gómez, destacou en Oroso o impacto da concentración parcelaria como motor estratéxico do desenvolvemento rural galego.

Durante a súa participación no acto de entrega dos títulos da concentración parcelaria no concello de Oroso, o titular do Executivo galego puxo en valor a importancia de que a terra dos concellos rurais estea ordenada e poida ser explotada, pechando as concentracións.

Rueda quixo tamén agradecer aos alcaldes a súa dedicación e apelou á “responsabilidade dos propietarios” para aproveitar as concentracións como “un camiño fundamental”.

Este procesoconcentrou as parroquias dos Ánxeles, Calvente, Pasarelos e Marzoa no concello de Oroso. Supuxo unha reordenación territorial de 1.374 hectáreas propiedade de 899 titulares.

A actuación permitiu pasar de 7.175 parcelas, cunha superficie media de 1.900 metros cadrados, a un total de 1.486 predios, cunha media de 9.246 metros cadrados, o que supón un incremento notable da dimensión media das fincas e unha redución do seu número nun 80%.

A Xunta de Galicia investiu 2,3 millóns de euros neste proceso, que se enmarca na aposta do Goberno galego por mellorar a estrutura da propiedade e favorecer a rendibilidade das explotacións agrograndeiras.

Tal e como destacou o presidente, desde o ano 2020, a Xunta rematou un total de 34 concentracións parcelarias que beneficiaron a máis de 18.000 propietarios en toda Galicia. A estas súmanse outras 29 decretadas desde 2021, que afectan a preto de 25.000 hectáreas e máis de 16.000 titulares. Para continuar con esta liña de traballo destinouse un orzamento de 14 millóns de euros neste 2025.

O Goberno galego segue ampliando os instrumentos de mobilización de terra, a través da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Esta norma contempla ferramentas como os polígonos agroforestais ou as permutas de especial interese agrario.

A nova liña de axudas convocada esta semana conta cun orzamento de 100.000 euros para o bienio 2025-2026, e permitirá financiar gastos de asesoramento técnico, acondicionamento de terreos e trámites notariais e rexistrais.

A intervención en Oroso, sinalou Rueda, é unha mostra máis do compromiso da Xunta coa modernización do rural e coa construción dunha Galicia con futuro en todo o seu territorio, que aposta pola calidade tamén na xestión do seu territorio por parte dos propietarios.

Post navigation

Previous: A carreira de burros de Padrón cuestionada
Next: O máis lido en Lindeiros do 21 ao 25 de xullo do 2025

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.