Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Oroso terá Casa da Xuventude antes de final de ano

oroso-casa-da-xuventude-slide-25-setembro-2024_r

Bisbarra, 25 de setembro do 2024 – O concello de Oroso ten previsto habilitar unha nova Casa da Xuventude, no actual centro cívico, antes de que remate o ano.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, posibilita este novo espazo para a Casa da Xuventude cun orzamento de 50.000 €. O principal cambio será o traslado dos servizos de Protección Civil e Xulgado de Paz a outras instalacións municipais.

O obxectivo do novo espazo para a xuventude e conseguir un lugar no que os mozos e mozas de Oroso poidan realizar actividades e eventos destinados á súa formación e entretemento.

As obras da nova Casa da Xuventude incluirán unha reforma integral dos baños do edificio, coa finalidade de mellorar as súas condicións e adaptalos ás novas necesidades do espazo.  Tamén está prevista a insonorización completa da escola de música, coa que compartirá edificio, garantindo así a compatibilidade entre as actividades que se desenvolvan en ambos lugares.

O alcalde de Oroso, Alex Doval, destacou a importancia desta nova infraestrutura para o concello, subliñando que “a Casa da Xuventude será un punto de encontro clave para a mocidade de Oroso, nun lugar renovado e adaptado ás súas necesidades”.

Este proxecto demostra unha vez máis o compromiso do Concello de Oroso coa creación de espazos que promovan o benestar e a participación activa da xuventude no municipio.

Post navigation

Previous: Brión reabre a carballeira de Santa Minia durante a romaría
Next: Outubro será o mes dos libros en Rois

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.