Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Oroso inaugura un campo de fútbol con selo FIFA Quality Pro

O campo do Lino Balado de Oroso ven de recibir un investimento próximo aos douscentos mil euros.

OROSO CAMPO LINO BALADO 20 XANEIRO 2026

O Concello de Oroso inaugurou este luns o campo do Lino Balado tras a renovación integral do seu terreo de xogo. A reforma, moi demandada, permite mellorar de maneira notable as instalacións deportivas municipais e ofrecer un espazo en óptimas condicións para a práctica do fútbol.

A actuación contou cun investimento próximo aos 200.000 euros e culminou coa instalación dun céspede artificial de alta calidade, que acadou o selo FIFA Quality Pro, certificación que garante os máis altos estándares internacionais en rendemento, seguridade e durabilidade.

O acto de inauguración contou coa presenza do presidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, que acompañou ao alcalde de Oroso, Alex Doval, e á corporación municipal.

No marco do evento, realizouse tamén a entrega dos trofeos de campións de liga aos equipos da ED Xuventude de Oroso da tempada anterior: Alevín A, Alevín B, Alevín C e Benjamín C, recoñecendo así o seu esforzo e resultados deportivos.

A xornada completouse coa celebración do encontro entre o Sigüeiro F.C. e o Burela S.D., no que o equipo local se impuxo, acadando os tres puntos ante a súa afección.

Desde o Concello de Oroso destácase que esta actuación forma parte do compromiso municipal de seguir mellorando as infraestruturas deportivas, apoiar o deporte base e fortalecer o deporte local, dotando aos clubs e deportistas de instalacións modernas, seguras e de máxima calidade.

Post navigation

Previous: As folgas no transporte complican a educación
Next: A incertidume continua arredor dos centros socioculturais de Compostela

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.