Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Oroso
  • Xeral

Oroso ofrece un campamento inclusivo durante a Pascua

A iniciativa está organizada pola asociación Afecto, coa colaboración da ANPA A Nosa Escola e do Concello de Oroso

OROSO CAMPAMENTO INCLUSIVO 11 MARZO 2026

Oroso, 11/03/2026 –  O CEIP Plurilingüe de Sigüeiro acollerá durante as vacacións de Semana Santa un campamento inclusivo de Pascua, unha iniciativa promovida pola asociación Afecto, coa colaboración da ANPA A Nosa Escola e do Concello de Oroso.

O obxectivo é ofrecer actividades educativas e de lecer para a infancia ao tempo que se facilita a conciliación das familias. O campamento desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e incluirá unha ampla programación de actividades pensadas para fomentar a participación, a creatividade e a convivencia entre os nenos e nenas.

Entre as propostas previstas destacan obradoiros, manualidades, busca de ovos de Pascua, pintacaras, música e xogos, nun ambiente lúdico e inclusivo pensado para que todos os participantes poidan gozar das actividades.

Tamén ofrécense servizos complementarios para facilitar a organización familiar, como madrugadores (7:30-9:00 horas) e comedor (14:00-15:00 horas), onde cada familia encargárase de que os nenos leven a comida y alí quentarase e servirase.

As familias poderán inscribir aos menores por días soltos ou optar polo campamento completo. O prezo é de 10 euros por día ou 35 euros polo campamento completo (catro días), mentres que os servizos de madrugadores e comedor teñen un custo de 2 euros ao día cada un. As persoas socias de Afecto e da ANPA contarán cun 20% de desconto.

A inscrición realizarase en liña a través do código QR habilitado no cartel informativo. No caso de que non funcione, tamén se poderá solicitar información no teléfono 614 911 051 ou no correo electrónico uxia.asmarinhas@gmail.com

Dende o Concello de Oroso destacan a importancia de apoiar este tipo de iniciativas que promoven a inclusión, o lecer educativo e a conciliación das familias durante os períodos non lectivos.

Post navigation

Previous: Unha aventura interactiva lembrará o marzo do 68 en Compostela
Next: Revisan a pasarela do paseo marítimo de Noia

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.