займ срочно

Unha biblioteca aberta 24 horas

0

Bisbarra, 2 de xaneiro do 2022 – O concello de Oroso estrea unha sala, na biblioteca municipal, que funcionará 24 horas os 365 días ao ano.

A sala da biblioteca conta cun sistema de apertura automatizada que permite acceder ao seu interior a calquera hora do día e da noite cun código numérico individual que toda persoa interesada pode solicitar na biblioteca de forma gratuíta.

 O alcalde de Oroso, Luis Rey, e membros do goberno local acudiron á estrea da nova “sala intelixente” da biblioteca municipal situada en Sigüeiro e que xa comezou a funcionar.

Ademais de acondicionar o exterior destas novas dependencias e de instalar o sistema de acceso automatizado, o concello dotou a esta “sala intelixente” do mobiliario necesario para habilitar 26 postos de estudo, ademais de conexión wifi e un sistema de videovixilancia para garantir a correcta utilización das instalacións.

O alcalde, Luis Rey, que acompañou aos primeiros usuarios na estrea das instalacións, explicou que trátase “dunha iniciativa pioneira dirixida principalmente aos estudantes e aos opositores e que se implanta en Oroso a proposta dun grupo de mozos”. “Divulgade a existencia deste novo servizo entre os vosos compañeiros e amigos, utilizádeo para estudar e, sobre todo, coidádeo”, pediulle aos mozos e mozas presentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies