Bisbarra, 26 de setembro do 2023 – O Concello de Oroso inclúe nas liñas fundamentais do orzamento do 2024, remitido xa ao Ministerio de Hacienda, unha orde de axudas destinadas ás comisións de festas do concello.

Estas subvencións serán iguais para cada comisión organizadora, as 11 parroquias de Oroso, Trasmonte, Deixebre, Marzoa, Senra, A Gándara, Cardama, Villaromarís, Os Ánxeles, Calvente e Pasarelos e a organizadora das festas do Sacramento en Sigüeiro. O importe das axudas serán de 1.500€ para cada comisión.
No mes de outubro o goberno local realizará unha reunión con cada unha das comisións para explicarlles a nova medida e crear lazos de cooperación en vistas ao próximo ano.
Dende a alcaldía sinalan que “esta iniciativa é unha forma xusta e ecuánime de tratar aos organizadores e acabar cos tratos de favor entre comisións de festas”. O rexedor, Alex Doval, apunta que desta maneira “créase un sistema transparente, legal e áxil que permite un apoio económico no que cada comisión decida”.