Bisbarra, 18 de abril – O concello de Oroso ven de presentar un avance das actividades do que será a XXV Festa da Troita, que se celebrará do 12 ao 14 de maio.
As orquestras serán como sempre protagonistas na festa da Troita pero tamén o concurso de pesca ou a degustación que terá lugar o día grande, o domingo 14.
O venres 12 a animación comezará pola noite co festival Oroso en Vivo. A orquestra Paris de Noia e a New York serán as encargadas de poñer a música.
Xa o sábado 13 celebrarase o campionato de pesca para adultos e unha degustación de troitas na Alameda de Gois. O Festival musical da xornada comezará con Dasoul; continuará con Dumore, DJ Sonic e Toni Seijas; despois chegará a quenda de Pablo Mendez Performance para rematar a xornada coa Orquestra Olympus.
O Domingo 14 será a xornada principal que comezará co concurso de pesca infantil. Nas horas centrais do día degustaranse troitas nos bares e na Alameda de Gois. O pregoeiro da edición 2023 da Festa da Troita será Carlos Blanco o que garante un bo momento. Tras el entregaranse os premios dos concursos de pesca e comezará a actuación da Orquestra Ibiza.
A Festa da Troita rematará este ano cun concerto de Luar na Lubre e a Orquestra Los Satélites.