Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Oroso aproba uns orzamentos que ascenden a 8,3 millóns de euros

imaxe do concello de Oroso

Bisbarra, 29 de novembro do 2024 – O Concello de Oroso aprobou en pleno os orzamentos municipais para o ano 2025, cun importe total de 8,3 millóns de euros.

imaxe do concello de Oroso

Os orzamentos de Oroso se definen desde o goberno municipal como un “compromiso claro co benestar dos veciños e o impulso de infraestruturas e servizos no municipio. Este orzamento destaca pola súa visión estratéxica e polo gran esforzo inversor que se realizará”.

Oroso destina en este orzamento tres millóns de euros a investimento directo, sen contar con Plan de Obras da Deputación. Destacan os proxectos de humanización da Praza Isaac Díaz Pardo, cunha dotación de 700.000 euros, e a Remodelación da Avenida da Grabanxa, que contará cun orzamento de 900.000 euros.

Por outra banda o concello de Oroso destaca as aportacións da Xunta de Galicia e da Deputación para diversas actuacións no municipio, consolidando a cooperación institucional e o apoio ás iniciativas locais.

Os servizos sociais tamén terá un tratamento prioritario no orzamento de 2025, xa que por primeira vez se superará o millón de euros de investimento nesta partida. Oroso contempla o aumento do 22% no programa de alimentos para emerxencias sociais, que ascenderá a un total de 50.000 euros, mellorando a resposta a necesidades de carácter urxente.

No que respecta á presión fiscal, a eliminación da plusvalía non xerará subidas impositivas, agás o incremento na taxa de lixo, que responde a un imperativo legal por parte do Goberno de España. Así, o Concello manterá a carga fiscal sen alteracións importantes para os veciños.

Con respecto á planificación e organización, os orzamentos tamén teñen en conta a totalidade dos contratos dos servizos municipais, o que permitirá mellorar a súa xestión e asegurar que todas as partidas de investimento se destinan a proxectos que favorezan a sustentabilidade e o benestar das veciñas e veciños de Oroso.

Entre as obras previstas, tamén se inclúe o cambio de tapete no Estadio Lino Balado, así como a mantemento e mellora das vías e espazos principais do municipio, como parte do esforzo por manter un servizo público de calidade.

Post navigation

Previous: A Baña aproba en pleno distintas medidas relacionadas cos impostos
Next: O máis lido de Lindeiros do 25 ao 29 de novembro

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.