займ срочно

O confinamento deixa vertedoiros incontrolados en Ordes

0

Ordes, 11 de xuño do 2020 – O concello de Ordes lamentábase estes días no Facebook municipal dos moitos vertedoiros incontrolados que apareceron tras o confinamento.

A Policía local xa traballa na procura dos responsables de eses vertedoiros. Nas cunetas quedaron materiais de todo tipo, desde bañeiras a escombro pasando por ladrillos ou uralitas, como se pode ver nas imaxes publicadas polo propio concello.

O equipo de goberno pide a colaboración veciñal para identificar aos responsables. Lembra ademais que existe un punto limpo no que deixar moito do lixo e ademais hai contedores e illas verdes repartidas polo concello.

O concello lembra tamén que existe un servizo específico de recollida gratuíta de voluminosos que funciona o primeiro luns de cada mes no casco urbano e no segundo luns do mes no resto do municipio. Hai que chamar a semana anterior ao teléfono 639200204 ou enviando un whatsapp ao 616167131 coa rúa e o número ou o lugar da parroquia no que se ten que facer a recollida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies