Ordes, 22 de xuño do 2021 – O partido político Unión Por Ordes, fundado por Manolo Regos, decidiu disolverse nunha asamblea celebrada a pasada semana.
Os dous concelleiros Manuel Iglesias, Marcos Fernandez e Aitor Ribadas pasarán a formar parte do grupo de non adscritos. UxO fora a terceira forma máis votada nas eleccións do 2019.
Unión Por Ordes comezara a súa andaina no ano 2007. Nun comunicado emitido no día de onte explican que “tras oito anos gobernando, e seis na oposición, é preciso comezar unha nova etapa”.
Manolo Regos, fundador da formación foi tamén o impulsor de esta disolución, aceptada por toda a asemblea. Regos é o firmante do comunicado no que agradece o traballo de todos os integrantes do partido e fai unha mención especial ao actual voceiro, Manuel Iglesias, e aos dous concelleiros.