Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Axenda

Trazo abriu os cursos Enredando que organiza o CIM de Ordes

A alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez López, inaugurou a primeira edición do curso Enredando, organizado polo Centro da Información a Muller, CIM, de Ordes.
cim-ordes-cursos-slide-28-agosto-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Ordes, 28 de agosto do 2019 – A alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez López, inaugurou a primeira edición do curso Enredando, organizado polo Centro da Información a Muller, CIM, de Ordes.
    • Competencias dixitais
    • Inscricións e datas

Ordes, 28 de agosto do 2019 – A alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez López, inaugurou a primeira edición do curso Enredando, organizado polo Centro da Información a Muller, CIM, de Ordes.

En este primeiro Enredando, 16 mulleres recibirán formación sociolaboral para aplicar na vida persoal e na busca de emprego, coas ferramentas dixitais como vehículo para poñer en práctica todo o aprendido.

Competencias dixitais

O programa consiste nunha serie de xornadas gratuítas que terán lugar nos seis concellos da comarca de Ordes. Está dirixido a mulleres que aprenderán a usar o ordenador e o teléfono móbil como ferramenta de comunicación e de traballo.

Un dos aspectos máis destacados será dominar os procedementos de uso dos certificados dixitais para realizar trámites da vida diaria con diversas administracións públicas: Seguridade Social, SERGAS, Facenda, concellos etc. Tamén haberá tempo para practicar actividades artísticas que favorezan o empoderamento persoal a través do ocio.

A edición de Trazo durará ata o 11 de setembro en horario de tarde. Na Comarca de Ordes realizaranse ademais 6 edicións nas próximas semanas cunha duración lectiva de 35 horas, repartidas en 12 días a razón de 3 horas diarias.

CIM Ordes cursos EnredandoInscricións e datas

As persoas interesadas en realizar esta formación poden inscribirse nos Servizos Sociais municipais e no CIM da Mancomunidade de Ordes (981 682 108; cim@mancomunidadeordes.gal)

As persoas poden inscribirse na edición que mellor lle conveña por cuestións de residencia, de traballo ou persoais. Está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Nos próximos días irase publicando a data e lugar das restantes edicións. Estas son as fixadas ata o momento:

– Tordoia, do 2 ao 17 de setembro, de 17 a 20 da tarde

– Ordes, do 9 ao 24 de setembro, de 10 a 13 horas

– Mesía, do 12 ao 27 de setembro, de 10 a 13 h

Post navigation

Previous: Arzúa acolle unha xornada de Escape Room dentro do programa Caminos de Ciencia
Next: Denuncian erros no último informe sobre as listas de agarda do CHUS

Máis novas

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.