Bisbarra, 9 de decembro do 2024 – Case que un millón de euros investidos na escola infantil de Ordes e tres centos mil no centro socio cultural de Tordoia por parte da Xunta de Galicia.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou as obras da futura escola infantil municipal de Ordes que recibe un investimento de 930.000 €. 61 prazas gratuítas de 0 a 3 anos que entrarán en funcionamento no primeiro trimestre do 2025.
Durante a visita, a conselleira estivo acompañada polo alcalde, José Luís Martínez, e destacou a importancia destes investimentos para axudar aos concellos de Galicia na posta en marcha de novas prazas de educación infantil por toda a comunidade.
Centro Socio Cultural en Tordoia
Fabiola García visitou tamén, en este caso co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, as instalacións do novo centro social municipal. Unha obra que ata hai pouco estaba paralizada e que tamén entrará en funcionamento no 2025.

O novo centro social de Tordoia será unha instalación multidisciplinar que permitirá ao Concello albergar multitude de actividades e programas tanto para as persoas maiores do municipio coruñés como para todos os veciños.
