займ срочно

Piden que o concello de Ordes se implique na eliminación da velutina

0

Ordes, 6 de febreiro do 2020 – O colectivo Salvemos a Comarca de Ordes denuncia que o concello de Ordes non eliminou ningún niño de velutina nos anos 2018 e 2019.

Nun comunicado a plataforma manifestan a súa preocupación polo “completo desleixo das Administracións autonómica e municipal ante o grave problema, ecolóxico, socioeconómico e para a saúdes das persoas, que representa a praga da vespa velutina na nosa comarca”.

Piden que o concello de Ordes se implique na eliminación da velutinaSalvemos a comarca lembra que “Este insecto xa causou varias mortes en Galicia nos últimos anos, e a Axencia Galega de Emerxencia recomenda non acercarse a menos de 5 metros dos seus niños, pero o certo é que continua a resultar moi difícil que a veciñanza poida desfacerse deles cando aparecen cerca das súas casas e chaman á Administración. Sería lamentable ter que esperar a que suceda outra desgraza para comezar a tomar medidas políticas. Ademais, a velutina é especialmente agresiva coas abellas, animais importantes non só pola súa produción económica directa (mel), tamén como polinizadoras imprescindibles”.

O colectivo denuncia que as únicas accións nos últimos anos foron unha sesión formativa en 2016; á entrega en 2017 dunha pértega e dous traxes ao concello de parte da directora xeral de Gandeiría, Agricultura e Industria Agroalimentarias e un post no Facebook do concello cun croquis da Xunta de Galicia para a elaboración de trampas caseiras “Non nos parece que ningunha destas medidas sexa minimamente seria, e encoraxamos ao Goberno municipal a que tome cartas no asunto. En Galicia hai modelos municipais de éxito na loita contra a

velutina, como en Carballo, onde contrataron directamente unha empresa especializada que retirou case 800 niños no pasado ano; ou no Valadouro, onde reduciron a praga nun 83% grazas a un plan municipal de contención”.

Salvemos a Comarca de Ordes aporta ademais unha táboa, de elaboración propia, co número de niños nos concellos da zona.

Piden que o concello de Ordes se implique na eliminación da velutina

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies