Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Xeral

Dúas alumnas de Ordes segundo premio no XXIX Certame de Xoves Investigadores  

as alumnas de Ordes recollendo o premio

Lucía del Río e Natalia Castro,  dirixidas pola profesora Amparo Raviña, acadaron unha dotación de 3000 € polo seu traballo É o noso pobo accesible?

as alumnas de Ordes recollendo o premioOrdes, 10 de outubro do 2016. Lucía del Río Martínez e Natalia Castro Iglesias, alumnas do IES Maruxa Mallo, veñen de recibir un dos segundos premios do XXIX Certame de Xoves Investigadores organizado polo Ministerio de Educación polo seu traballo ‘É o noso pobo accesible?’ A nova deuse a coñecer no Congreso de Xoves Investigadores, que tivo lugar hai escasos días en Málaga, ao que asistiron ambas as estudantes ademais da directora do proxecto, a profesora Amparo Raviña Rosende. Alí presentaron o seu proxecto mediante unha conferencia que espertou o interese de todas e todos os asistentes.

As premiadas levan case tres anos investigando as condicións de accesibilidade de Ordes, sobre todo para as persoas con algún tipo de discapacidade. As conclusións ás que se chega tras a análise dos datos recollidos mediante entrevistas, cuestionarios e observacións directas  determinan que Ordes é un pobo accesible e cunha política en favor dos habitantes con algún tipo de discapacidade para que teñan acceso a espazos e servizos, dando así unha resposta positiva para as súas necesidades específicas.

as alumnas de Ordes recollendo o premioO premio, dotado con 3000 euros, é un dos máis importantes entre os convocados polo Ministerio de Educación. Unha convocatoria na que  tamén participan o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Real Sociedade Española de Física, a Universidade Politécnica de Madrid, a Universidade de Málaga, a Sociedade Científica Informática de España e a Fundación ONCE.

Este novo recoñecemento ao traballo realizado no IES Maruxa Mallo súmase aos conseguidos recentemente no certame Estalmat, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, nos premios matemáticos da Fundación Barrié de la Maza ou nos premios da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Post navigation

Previous: Xente de Rois preocupados pola construción do novo verquedoiro en Lousame
Next: Veciños de Padrón denuncia contratación de familiares por parte do goberno

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.