Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes

Ordes ratifica a segunda fase do POS + 2019

O concello de Ordes ven de aprobar en pleno extraordinario a segunda fase do Plan de Obras e servizos adicional, POS +, para este ano 2019.
ordes-aprobado-plan-unico-slide-7-setembro-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Ordes, 7 de setembro do 2019 – O concello de Ordes ven de aprobar en pleno extraordinario a segunda fase do Plan de Obras e servizos adicional, POS +, para este ano 2019.
    • Sesión extraordinaria

Ordes, 7 de setembro do 2019 – O concello de Ordes ven de aprobar en pleno extraordinario a segunda fase do Plan de Obras e servizos adicional, POS +, para este ano 2019.

O POS +, Plan único da Deputación, está sufragado integramente polo ente provincial e inclúe intervencións nos camiños do Barroso a Fosado (Montaos), do Castro (Vilamaior) e do Casal (Ordes). Tamén na estrada de Fosado a Parada (Montaos), ademais do acceso á Pedreira dende o cruce da igrexa (Vilamaior) e a pavimentación do acceso no Valiño (Parada).

Agás o Bloque Nacionalista Galego que optou pola abstención por non ter opción a presentar novas propostas, os demais grupos votaron a favor.

Sesión extraordinaria

José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, amosou abertamente o seu malestar coa Deputación da Coruña por rexeitar que sexa a Xunta de Goberno Local a que tramite a correspondente subvención para estas obras. Unha delegación que lle foi outorgada polo pleno o pasado mes de xuño. Un aspecto que segundo manifestou Pablo Vidal, voceiro do BNG, xa indicara na pertinente comisión porque Ordes ten menos de 50.000 habitantes.

Tanto o rexedor ordense como o secretario municipal defenderon enerxicamente a legalidade no xeito de proceder por parte do Concello, “xa que este acordo é unha competencia da Xunta de Goberno Local por delegación do Pleno, debendo someterse a ditame da Comisión Informativa Permanente de Obras e Urbanismo (art. 123.1 do R.D. 2568/1986, de 26 de novembro, ROF). “A delegación de competencias á Xunta de Goberno Local está dentro da lei” explicou o alcalde e ratificou o secretario municipal citando o artigo 22 da Lei de Réximen Local que regula as normas de competencia. Incluso se indicou que tras consulta telefónica co secretario xeral da Deputación Provincial este entendía que se trata “dunha competencia delegable polo que descoñece cales son os motivos polo que o Servizo de Plans entende o contrario”.

Martínez Sanjurjo enfatizou que “as bases reguladoras do POS+2019 non establecen ningún punto que prohiban a delegación de competencias. Xa hai tempo que nos puxemos en contacto coa Deputación e consideramos que é un grave erro non permitirlle á Xunta de Goberno local que ratifique estas obras. Estamos seguros que temos a razón, pero aínda así priorizamos non poñer en risco a aprobación desta subvención tan importante para a xente de Ordes, cuxo prazo límite de solicitude remata o vindeiro día 13. Polo tanto nos vemos obrigados a convocar hoxe este Pleno extraordinario”.

Post navigation

Previous: Noia quere incluírse no mapa de emerxencias da Xunta de Galicia
Next: Inaugurada a nova edición do Oroso Góis Arte

Máis novas

UNha das troitas mortas no río Cabró en Ordes
1 minute read
  • Xeral

Troitas mortas no río Cabrón en Ordes

Estrada N-550 ao seu paso por Ordes
4 minutes read
  • Xeral

Ordes e as rotondas motivo de enfrontamento político

Cartel que anuncia o acto de homenaxe a Manuel Viqueira o gaiteiro de Vilaverde
2 minutes read
  • Axenda

O Gaiteiro de Vilaverde terá unha estatua en Ordes

Imaxe das obras de demolición en Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes

O socialista Aitor Bouza levou ao Parlamento a situación do centro de saúde de Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Seguen as queixas polas deficiencias en centros de saúde

deputacion plan unico ordes 6 marzo 2026
4 minutes read
  • Ordes

A Deputación reclama máis investimento da Xunta na comarca

deputacion apoio ordes 12 febreiro 2026
2 minutes read
  • Ordes

Apoio da Deputación ás empresas e autónomos de Ordes

MANCOMUNIDADE ORDES VIOLENCIA DE XENERO 10 FEBREIRO 2026
2 minutes read
  • Ordes

Loita contra a violencia de xénero na Mancomunidade de Ordes

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.