Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Xeral

“As discordantes” na Mancomunidade de Ordes

mancomunidade ordes faladoiros 22 xaneiro 2025_slide

Bisbarra, 22 de xaneiro do 2025 – A Mancomunidade de Ordes e a Deputación da Coruña organizan “As discordantes”, uns faladoiros sobre xénero e saúde mental.

Os faladoiros de Ordes terán lugar no Museo do Traxe Juanjo Linares, o martes 18 de febreiro as cinco da tarde, con entrada libre ata completar aforo.

Os faladoiro, que o ciclo “As discordantes” achega a Ordes, configúrase como un espazo de debate e reflexión arredor da saúde mental e o xénero. As representacións que destes temas se fan no ámbito cultural non axudan á hora de amosar as realidades que hai detrás dun diagnóstico de patoloxía mental, e máis no caso de ser muller.

O obxectivo dos faladoiros, que contan coas voces da escritora Antía Yáñez, a xornalista e integrante de Xornalistas Galegas, Ana González Liste, e a médica, psiquiatra e divulgadora científica, Iria Veiga, é ofrecer un ámbito de información e escoita activa ás persoas asistentes, sen caer nos maniqueísmos nin na estigmatización, e achegando a saúde mental á sociedade dende unha perspectiva interdisciplinar.

Durante o evento de Ordes, as relatoras, cun toque de humor, ofrecerán as súas visións e experiencias sobre a saúde mental no ámbito da literatura, a comunicación e a saúde, debatendo sobre as representacións deste conxunto de doenzas no ámbito cultural e da perspectiva de xénero destas.

“As discordantes”, organizado pola Deputación da Coruña, percorrerá sete vilas da provincia en este comezo do 2025, grazas á colaboración dos concellos da Laracha, A Pobra do Caramiñal, Arzúa, Betanzos, Ordes, Vimianzo e Zas.

Para máis información poden contactar co CIM da Mancomunidade de Ordes (Alfonso Senra, 106, 2º A, 15680 Ordes, A Coruña; 981682108; cim@mancomunidadeordes.gal).

Post navigation

Previous: Crece o labirinto socialista en Compostela
Next: As queixas pola obra no Milladoiro provocan cambios

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.