Bisbarra, 15 de novembro do 2021 – A negociación dos orzamentos do estado contará con dúas enmendas sobre a N-550 en Padrón e a glorieta sur de Ordes, en esa mesma estrada.
As demandas sobre a N-550 evidencia a necesidade de arranxos en esta vía. O BNG reclama a mellora en Padrón mentres que o Partido Popular, que goberna alí, os reclama para Ordes.

Nestor Rego, o primeiro pola esquerda, na N-550 ao seu paso por Padrón
O parlamentario nacionalista Nestor Rego rexistrou enmendas por importe de seis millóns de euros. o obxectivo prioritario é mellorar a seguranza viaria en Padrón, a humanización do paso da N-550 polo municipio, e a posta en valor de edificios como a Colexiata de Iria Flavia.
A voceira do BNG en Padrón, Beatriz Rei, explica que “Algunhas emendas reiteran demandas de vello como a humanización da N-550, pero tamén se inclúen outras moi importantes para o futuro do concello como unha variante en Iria Flavia que permita retirar a maioría do tráfico deste entorno e poder realizar unha actuación para a súa protección e a humanización do entorno”.
Unha glorieta para Ordes
Pola súa banda o Grupo Popular no Congreso dos Deputados presentou, a instancia do PP de Ordes, unha emenda para reclamar unha partida de 1,2 millóns de euros para executar unha glorieta inferior na estrada N-550, na saída sur da vila, cara a Santiago, co obxectivo de prolongar a rolda leste.
Esta obra tiña partida destinada nos orzamentos de Mariano Rajoy en 2018 e 2019 pero nunca se chegaron a executar. Co cambio de goberno a partida desapareceu das contas do estado.
O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, insiste na importancia da obra para o desenvolvemento do Concello, na medida en que permitiría ampliar a rolda de circunvalación cara a zona co cemiterio municipal, desviando o tráfico procedente ou con destino a Bergantiños e Costa da Morte, e tamén o xerado pola planta de tratamento e residuos animais e o vertedoiro de Sogama, na Areosa, preto de Ordes.