Ordes, 15 de outubro do 2019 – Coincidindo co Día da Muller Rural o concello de Ordes estrea o documental Murmurios do silencio, as sete e media de esta tarde no pazo de Bidueiro.
Murmurios de Silencio recolle recolle o testemuño de dez mulleres pertencentes á comarca de Ordes vítimas da violencia de xénero. Na súa propia voz explican de que xeito viron truncadas as súas vidas por mor desta gran problemática social e de como son capaces de facer para levar a cabo un novo comezo.
O proxecto conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade e está promovido pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR), en estreita colaboración co Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes. Tamén hai que destacar a participación da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), do Fondo Social Europeo, da Asociación de GDR de Galicia, e a do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.
A cita teñen confirmada a asistencia a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; a Presidenta Mancomunidade de Ordes, Susana García Gómez; o Presidente ASDECOMOR, Mariano Iglesias Castro; o Secretario Xeral Agader, Severino Álvarez Monteserín.; o Subdirector Agader, Javier Blanco Carballal; e Alcaldes e representantes das corporacións dos concellos de Ordes, Mesía, Cerceda, Trazo, Tordoia, Oroso e Frades.
O acto estará presentado pola artista local Tania Veiras e o xornalista Pablo Quinteiro.
