займ срочно

Ordes conmemorou o Día Internacinal das Persoas con Discapacidade 

0

un momento da representación de teatro en Ordes Ordes, 12 de decembro do 2016. O grupo de teatro da Asociación Andaina Pro Saúde Mental representou en Ordes a obra ‘O mercader de Venecia’. Unha cita organizada polo Concello de Ordes e que forma parte dos actos conmemorativos polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Unha adaptación da obra de William Shakespeare realizada polo actor e dramaturgo Fran Rey.

O programa contou tamén coa lectura do manifesto ‘Xuntos pola inclusión, sen distinción’ por parte dos usuarios e usuarias do curso de Habilidades Sociais que o Concello leva a cabo dende fai varios anos no Mesón do Vento. Un bo número de estudantes de distintos centros académicos e institutos da zona tamén estiveron presentes ademáis do alcalde de Ordes e a concelleira de Benestar Social, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García Gómez. Ambos recibiron un agasallo, realizado polos usuarios e usuarias do curso de Habilidades Sociais, que consistiu nunha publicación con fotografías das actividades realizadas ao longo dos seus anos de existencia.

Ao final da obra, representada en Ordes,  desplegouse unha pancarta reclamando inclusión

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies