Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Xeral

Lidia Cao estrea a terceira edición do DesOrdes Xeodestino Mural

ordes desordes lidia cao 20 novembro 2025

Lidia Cao foi a encargada de decorar o CPI de Xanceda, en Mesía, abrindo así a terceira edición do Desordes máis apegado á terra.


A Mancomunidade de Ordes suma xa un novo mural ao seu extenso catálogo de arte urbano logo de que a ilustradora Lidia Cao dera por rematado o primeiro dos murais programados na terceira edición da iniciativa Desordes Xeodestino Mural.

O CPI de Xanceda, en Mesía, loce nunha das súas fachadas exteriores un mural que versa sobre a importancia de recoñecer e valorar as raíces que nos vinculan ao territorio rural.

A figura central, representada nun intre de contemplación, encarna a quen medra rodeada dun paisaxe que non só nutre a vida cotiá, senón tamén a identidade. A ollada cara ao horizonte suxire a procura dun futuro posible sen renunciar a aquilo que a define: a memoria, a terra e as ensinanzas herdadas.

En este novo mural do DesOrdes os paxaros que xorden do seu interior e a acompañan funcionan como metáforas de liberdade e aprendizaxe. Coa súa roupa, os elementos da paisaxe intégranse no seu propio corpo, afirmando que o territorio forma parte do seu ser.

As ramas que envolven a composición evocan a idea dun enraizamento vivo, dinámico, que medra e se expande. Non se trata dun arraigamento estático, senón dun vínculo que evoluciona coa persoa e do que xorden novas posibilidades. O mural celebra así a riqueza da orixe rural como un espazo de formación íntima, onde a aprendizaxe provén tanto da natureza como da comunidade e dos seus ritmos.

Post navigation

Previous: Ames avanza na humanización do Milladoiro
Next: A recta final do Outono Códax abre co rock de Valerie June

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.