Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Tordoia, Trazo e Cerceda acollen DesOrdes Creativas

ordes-desordes-creativas-slide-19-setembro-2024_r

Bisbarra, 19 de setembro do 2024 – O DesOrdes Creativas segue a estenderse por todo o territorio da comarca de Ordes para reforzar o valor e o potencial desta zona como principal destino mural de Galicia.

Nesta segunda edición da cita, o patrimonio artístico da comarca verase incrementado con tres novos traballos nos diferentes concellos da Mancomunidade de Ordes. A iniciativa incluirá a realización de tres rutas con diversos centros educativos e a creación dun amplo folleto informativo do proxecto global.

Baixo o comisariado e a dirección do estudo Mutante Creativo, creadores e directores do DesOrdes Creativas, varios artistas serán os encargados de realizar as intervencións artísticas.

Nesta ocasión, os murais faranse nos concellos de Tordoia, Trazo e Cerceda durante os meses de setembro e outubro. Os artistas participantes serán Twee Muizen, que plasmará a súa obra no centro social de Chaián (Trazo), Sekone, que fará o propio en Cerceda, e os propios Mutante Creativo, que encherán de cor o Centro do Maior de Tordoia.

O DesOrdes Creativas está impulsado pola Mancomunidade de Ordes, pola Deputación da Coruña e polo estudo Mutante Creativo

Post navigation

Previous: Transportes comeza as obras na travesía do Milladoiro
Next: Teo e a USC renovan o convenio de colaboración en materia de asesoramento enerxético e atención cidadá

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.