Ordes, 18 de xullo do 2019 – Satisfacción no Bloque Nacionalista de Ordes polo desmantelamento dunha liña eléctrica en Mesón do Vento tal e como reclamaban desde o pasado mes de setembro.
A liña eléctrica facía moito tempo que no se usaba pero o tendido seguía cruzando Mesón do Vento. O BNG presentara unha moción, ante o pleno municipal, para instar a empresa ao seu desmantelamento; petición aprobada pola corporación.
No Boletin Oficial da Provincia da Coruña do luns, 1 de xullo de 2019, anunciouse a resolución da Xefatura Territorial da Coruña do Servizo de Enerxía e Minas, onde autorizan o desmantelamento da liña de alta tensión de 66 Kv. Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, manifestaba estes días a “nosa satisfacción porque a iniciativa que impulsamos no pasado mes de setembro, vaia ser unha realidade nas próximas datas”.
Vidal sinala que “o desmantelamento da liña permitirá o aproveitamento urbanístico, forestal e agrogandeiro das parcelas que se atopan atravesadas pola mesma”.