Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Xeral

Volven a denegar a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordes

A Xunta de Galicia volveu a denegar o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ordes por non cumprir a esixencia mínima de zonas verdes.
ordes-bng-pxom-slide-normal-7-xullo-2023_r

Bisbarra, 30 de outubro do 2023 – A Xunta de Galicia volveu a denegar o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ordes por non cumprir a esixencia mínima de zonas verdes.

Esta denegación chega despois de que en xullo a Xunta de Galicia tamén rexeitara a súa aprobación, tal e como contamos en Lindeiros. Pese a que o concello introduciu numerosas modificacións no Plan Xeral, estas non foron suficientes e terá que ampliar o número de zonas verdes para chegar ao mínimo esixido.

Pablo Vidal, voceiro do BNG de Ordes, que advertira de que os cambios non eran suficientes di que “lamentablemente, o tempo volveu a darnos a razón cando no segundo pleno de aprobación provisional, xa advertimos que no documento aínda detectabamos erros e incongruencias, cabendo a posibilidade de que a aprobación definitiva non fose outorgada”.

Os nacionalistas engaden que a orde “obriga a emendar os cálculos errados sobre zonas verdes e espazos libres para cumprir o estándar mínimo, equilibrar a edificabilidade nos sectores de solo urbanizable, suprimir o núcleo rural do Cano de Leira para pasalo a solo rústico e adaptar a normativa no réxime dos edificios en situación fora de ordenación”.

Vidal, manifesta entender “a frustración dun alcalde que sempre intenta facer ver as abstencións acertadas do BNG coma un non ao Plan Xeral, mais debemos lembrar que quen realmente lle está a dicir que non ao documento, é a propia Xunta de Galiza”.

Reunións coa veciñanza

No pasado mes de setembro, o BNG finalizou a rolda informativa por tódalas parroquias do concello de Ordes, onde “expuxemos as modificacións que sufrira o P.X.O.M. na última aprobación provisional e respondemos as dúbidas formuladas pola veciñanza”.

Pablo Vidal, manifesta ledicia por “poder cumprir un dos compromisos adquiridos na campaña electoral, de reunirse coa veciñanza e informala dun documento tan importante como é o P.X.O.M., algo que debera ter feito o goberno municipal, mais preferiu permanecer agochado no seu despacho”.

Post navigation

Previous: Queixas polo “abandono da comarca do Sar” nos orzamentos da Xunta de Galicia
Next: A Deputación da Coruña destina 88,5 millóns ao Plan Único dos concellos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.