Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes

O concello de Ordes colabora cunha casa de apostas

Ordes ven de formar un convenio coa empresa de apostas Luckya polo que a casa de apostas financiará a zona xuvenil do Centro Isabel Zendal.
ordes alcaldes colaboracion lickya 30 maio 2022

Ordes, 30 de maio do 2022 – O concello de Ordes ven de formar un convenio de colaboración coa empresa Luckya polo que a casa de apostas financiará a zona xuvenil do Centro Isabel Zendal.

Desde o BNG de ordes considérase “inaudito” que se procuren 22.000 euros, para o mobiliario da zona xuvenil do Isabel Zendal, dunha casa de apostas.  O Bloque di que esta actitude da mostra dunha “total incompetencia”.

O voceiro nacionalista Pablo Vidal di que  “mentres a tendencia no resto do mundo é a de limitar a publicidade das casas de apostas, o PP de Ordes utilice as institucións públicas para branquear a súa imaxe”. Vidal considera lamentable que   “O alcalde non sexa quen de procurar 22.000 euros para mercar mobiliario, nun presuposto municipal de case 11 millóns de euros e nun investimento de 1,9 millóns de euros dos remanentes de tesourería”.

A este respecto, Vidal exemplifica que “só con que o alcalde mantivese o salario do período 2015-2019 na vez de subilo dun xeito brutal, pasando dos 41.300 euros/ano aos 52.200 actuais, no presente mandato aforraríase un importe moi superior ao necesario para amoblar dita planta”.

O concello emitiu unha nota de prensa na que o alcalde, José Luís Martínez, compara a “valentía e solidariedade” de Isabel Zendal co “ADN de órdenes empresariales como la de los hermanos González Fuentes”. Estes empresarios son orixinarios de Ordes e propietarios da empresa Luckya.

Unha nota de prensa reforzada nas redes sociais do concello nas que se recibiron críticas a este acordo

Post navigation

Previous: Touro celebra un novo pleno sobre a empresa TEN e a presunta situación ilegal
Next: Alcaldes: Rafa Sisto, Teo

Máis novas

UNha das troitas mortas no río Cabró en Ordes
1 minute read
  • Xeral

Troitas mortas no río Cabrón en Ordes

Estrada N-550 ao seu paso por Ordes
4 minutes read
  • Xeral

Ordes e as rotondas motivo de enfrontamento político

Cartel que anuncia o acto de homenaxe a Manuel Viqueira o gaiteiro de Vilaverde
2 minutes read
  • Axenda

O Gaiteiro de Vilaverde terá unha estatua en Ordes

Imaxe das obras de demolición en Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes

O socialista Aitor Bouza levou ao Parlamento a situación do centro de saúde de Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Seguen as queixas polas deficiencias en centros de saúde

deputacion plan unico ordes 6 marzo 2026
4 minutes read
  • Ordes

A Deputación reclama máis investimento da Xunta na comarca

deputacion apoio ordes 12 febreiro 2026
2 minutes read
  • Ordes

Apoio da Deputación ás empresas e autónomos de Ordes

MANCOMUNIDADE ORDES VIOLENCIA DE XENERO 10 FEBREIRO 2026
2 minutes read
  • Ordes

Loita contra a violencia de xénero na Mancomunidade de Ordes

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.