Ordes, 29 de xullo do 2019 – O concello de Ordes comeza o programa Unha viaxe pola cultura co que convida a veciñanza e visitantes a disfrutar dun verán cheo de festa, maxia, teatro, narracións orais, xogos, e música.
O Departamento de Cultura presentou o seu programa estival que como cada ano, baixo o título xenérico de Unha viaxe pola cultura, ofrecerá distintas opcións de ocio. O programa está organizado polo Concello de Ordes e conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Xacobeo 2021, a Consellería de Cultura e Turismo e Radio Líder.
O programa deseñado nesta ocasión contempla as seguintes datas e actividades:
2 de agosto: Concerto de Mamá Cabra. 20 horas. Alameda de Ordes.
3 de agosto: Día das Bandas. 20 horas. Alameda de Ordes.
5 de agosto: Espectáculo de clown ‘Mireia Miracle’. 20 horas. Alameda de Ordes.
6 de agosto: Espectáculo de narración oral coa música en vivo ‘Cardume’, de Xarope Tulú. 20 horas. Alameda de Ordes.
7 de agosto: Grupo Néboa. 21 horas. Alameda de Ordes.
8 de agosto: Teatro infantil ‘Máquina do tempo’, compañía Ghazafellos. 20 horas. Alameda de Ordes.
9 de agosto: Día do neno e da nena (Garabato de xogos). 17 horas. Alameda de Ordes (en caso de chuvia trasladarase ao pavillón Campomaior).
10 de agosto: Festival DesOrdes Creativas.
12 de agosto: Xogos autónomos e animados ‘Paporrubio’. Necesaria inscrición previa no Departamento de Cultura (dous pases).
13 de agosto: Maxia espectacular a cargo de Dani Polo. 21 horas. Casa da Cultura. Festival ‘DJ’s no Camiño’ na alameda de Ordes.
14, 15, 16 e 17 de agosto: Festas patronais na honra a Santa María.
17 de agosto ‘III Festival Sons de Ordes’ con Susana Seivane e Javier Gurruchaga coa Orquestra Mondragón.
En caso de chuvia as actividades programadas na alameda trasladaranse ao auditorio da Casa da Cultura.